Versión en castellano
Inicio Avisos
Avisos
Axudas da Xunta: "Plan Renove de Fiestras"
Venres, 03 Febreiro 2017 00:00
O Concello de Frades informa de que o vindeiro 1 de marzo abrirase o prazo para solicitar as axudas do "Plan Renove de Fiestras", posto en marcha pola XUnta de Galicia. Para poder optar a estas axudas, que non poderán superar os 3.000 euros por vivenda e puidendo chegara ata o 25% do custo total da obra, é preciso acudir a un instalador colaborador adherido ao plan. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 29 de setembro. Máis información nos teléfonos 981 695 567, 981 695 663 ou nesta páxina web. Consulta o AVISO.
 
Convocatoria de praza de peón da construción
Venres, 27 Xaneiro 2017 20:06
O Concello de Frades vén de aprobar as bases que rexirán a convocatoria para cubrir un posto de peón da construción, que se poden consultar neste enlace.
 
Curso de Poda e Enxertos
Venres, 20 Xaneiro 2017 12:48
O Concello de Frades informa de que hai catro prazas vacantes no curso de poda e enxertos, que dará comezo o sábado 4 de febreiro, e no que o alumnado aprenderá as técnicas de poda en especies frutais e ornamentais, así como os distintos métodos para a súa propagación. Un curso de 28 horas de duración que terá lugar durante 7 sábados de febreiro e marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no multiúsos de Frades (parte teórica) e na leira municipal (prácticas). Anótate no 981 695 567. Máis información.
 
Aberto o prazo para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
Venres, 13 Xaneiro 2017 00:00
O Concello de Frades informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de abrir o prazo de inscrición para o recoñecemento das competencias profesionais adquriridas a través da experiencia laboral. Para participar é preciso ter como mínimo 20 anos, 3 anos de experiencia (cun mínimo de 2.000 horas nos últimos 10 anos) ou 300 horas de formación nos últimos 10 anos. Máis información.
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL