Sesión plenaria extraordinaria 29-3-2017 |
Luns, 27 Marzo 2017 17:10 |
O Concello de Frades celebrará este mércores 29 de marzo, ás 14:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolverá de acordo coa seguinte Orde do Día:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Ditame aprobación documentación complementaria do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Frades.
- Ditame aprobación do Plan Presupuestario a Medio Prazo (Plan 2018-2020).
- Solicitude subvención para obradoiro emprego Ordes-Frades II (Orde 8/2/2017) e aprobación da encomenda de xestión.
- Aprobación, se procede, do proxecto denominado "Remodelación de beirarrúas na DP3802 Ordes-Ponte Carreira, pk 17+140 ao 17+870 (rúa do Ensino).
- Aprobación, se procede, da ordenanza específica reguladora das bases da convocatoria de subvencións dirixido ás familias para ensino no Concello de Frades
- Aprobación, se procede, do regulamento de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Frades.
|