Versión en castellano
Inicio Avisos
Avisos
Listaxe provisional alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Ordes-Frades 2016
Martes, 23 Agosto 2016 16:45
O Concello de Frades publica a listaxe provisional do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego "Ordes-Frades" 2016, tanto os seleccionados como os suplentes. Contra este acordo provisional poderase presentar reclamación perante o Grupo de Traballo Mixto no prazo de dous días hábiles a partir desta data na que se publica este listado. As reclamacións deberanse presentar por escrito e preferentemente nos Rexistros dos Concellos de Ordes ou de Frades (en caso de presentalo en calquera outro rexistro dos admitidos na Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, deberase remitir copia por fax ao número 881 960 460).
 
Listas definitivas do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016 (tras entrevistas)
Mércores, 10 Agosto 2016 00:00
O Concello de Frades publica a listaxe definitiva do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016, tras realizárense as entrevistas persoais de hoxe, mércores 10, que podes consultar nesta ligazón.
 
Listas definitivas do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016
Luns, 08 Agosto 2016 00:00

O Concello de Frades publica a listaxe definitiva do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016, que podes consultar nesta ligazón. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar dende a publicación da listaxe. As entrevistas terán lugar o 10 de agosto, na rúa Xosé Xoxardo (baixos da Alameda) s/n (Ordes).

 
Listas provisionais do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016
Mércores, 03 Agosto 2016 15:50

O Concello de Frades publica a listaxe provisional do equipo directivo do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades" 2016, que podes consultar nesta ligazón. Contra este acordo poderase presentar reclamación perante o Grupo de Traballo Mixto no prazo de dous días hábiles a partir da data na que se publica o listado (3 de agosto de 2016). As reclamacións deberanse presentar por escrito, preferentemente nos rexistros dos Concellos de Ordes ou de Frades. En caso de presentación en calquera outro rexistro dos admitidos na Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común deberase remitir copia por fax ao número 881 960 460.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL