Versión en castellano
Inicio Avisos
Avisos
Axudas para titulares de explotacións leiteras que estean en dificultades financeiras pola súa actividade
Martes, 02 Agosto 2016 00:00
O Concello de Frades informa de que a Consellería do Medio Rural vén de convocar axudas para titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade. O límite máximo das axudas é de 15.000 euros por explotacións. Máis información na Extensión Agraria de Ordes, no teléfono 981 546 396. Consulta o bando.
 
Bases para a selección do oalumnado traballador/a e persoal do Obradoiro de Empreo Ordes-Frades
Venres, 15 Xullo 2016 16:26
O Concello de Frades informa da convocatoria do Obradoiro de Emprego "Ordes-Frades", onde Frades contará con 8 alumnos/as nas especialidades: operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas; e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. O obradoiro terá unha duración de 6 meses. A selección do alumnado realizarse proximamente mediante oferta na Oficina de Emprego de Ordes, polo que para poder participar é preciso estar en situación de desemprego e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia. Consulta as bases para máis información.
 
Axudas do IGAPE para a compra de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño
Xoves, 14 Xullo 2016 10:03
O Concello de Frades informa da convocatoria da Xunta de Galicia, a través do IGAPE, de axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e de baño. A axuda do IGAPE é do 20% do importe da compra (que deberá ser de entre 1.000 e 5.000 euros) e o máximo da axuda por beneficiario será de 1.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 28 de xullo e estará aberto ata o 15 de outubro. Máis información.
 
Subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVita
Venres, 17 Xuño 2016 00:00

O Concello de Frades informa de que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de establecer as bases das subvencións do Programa de Infravivenda do Plan RehaVita, Plan Galego de Rehabilitación, Alugamento e Mellora de Acceso á Vivenda 2015-2020. O prazo de solicitude remata o 30 de novembro (ou se se esgota o crédito). Consulta os requisitos.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL