Versión en castellano
Inicio Avisos
Avisos
O Concello de Frades informa á veciñanza sobre as normas e os permisos para facer as cacharelas de San Xoán e San Pedro
Luns, 06 Xuño 2016 18:34

O Concello de Frades vén de sacar un BANDO no que informa á veciñanza das normas e permisos necesarios para a realización de cacharelas nas noites de San Xoán e San Pedro. Unhas cacharelas cuxa celebración terá que ser comunicada previamente ao Concello (981 69 55 67) antes do venres anterior á celebración da festa.

Ler máis...
 
Convocatoria de axudas da Xunta para a posta en marcha de Casas Niño
Luns, 30 Maio 2016 16:18

O Concello de Frades informa de que a Consellería de Política Social vén de convocar axudas para a posta en marcha de Casas Niño en réxime de concorrencia competitivoa para o período 2016-2019. Trátase de axudas para poñer en marcha experiencias piloto para o coidado de nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos de idade a través dunha casa niño nos núcleos rurais. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xuño. Máis información no AVISO do Concello de Frades ou no DOG.

 
Selección de 5 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Venres, 20 Maio 2016 11:00

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de un tractorista, dous axudantes de xardiñeiro e dous peóns agrícolas, ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2016 (BOP nº 75 de 21 de abril de 2016) da Deputación da Coruña.

Ler máis...
 
Convocadas as probas de Competencias Clave do nivel 2 e 3
Luns, 14 Marzo 2016 14:15
O Concello de Frades informa de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar as probas de Competencias Clave dos niveis 2 e tres, que terán lugar o próximo 21 de maio. O prazo de inscrición remata o sábado 2 de abril. Máis información.
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL