Versión en castellano
Inicio Avisos
Avisos
Selección de 5 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Venres, 20 Maio 2016 11:00

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de un tractorista, dous axudantes de xardiñeiro e dous peóns agrícolas, ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2016 (BOP nº 75 de 21 de abril de 2016) da Deputación da Coruña.

Ler máis...
 
Convocadas as probas de Competencias Clave do nivel 2 e 3
Luns, 14 Marzo 2016 14:15
O Concello de Frades informa de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar as probas de Competencias Clave dos niveis 2 e tres, que terán lugar o próximo 21 de maio. O prazo de inscrición remata o sábado 2 de abril. Máis información.
 
Charla informativa sobre as axudas da PAC 2016
Xoves, 10 Marzo 2016 09:59
O Concello de Frades informa de que o xoves 17 de marzo, ás catro da tarde, a Casa da Cultura de Ordes acollerá unha charla informativa sobre as axudas da PAC 2016, unha campaña que este ano ten importantes cambios que é necesario coñecer ben á hora de tramitar as solicitudes. Para informar destes cambios, o xefe do Servizo Territorial do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) da Coruña, Javier Franqueira, dará unha charla informativa para os gandeiros e gandeiras, así como para todas as persoas interesadas. A charla terá lugar na Casa da Cultura de Ordes, o xoves 17 de marzo, ás 16:00 horas.
 
O Concello de Frades inicia a elaboración dunha base de datos dos negocios e comercios de Frades
Martes, 08 Marzo 2016 19:00

O Concello de Frades está elaborando unha base de datos dos negocios, empresas, comercios, bares e restaurantes do municipio, que se poderá consultar na páxina web do Concello. Nesta páxina web haberá un apartado onde se poderá consultar non só os datos de contacto e horarios de atención senón tamén a súa ubicación dentro do municipio. Se tes un negocio, comercio ou eres autónomo e estás interesado/a neste xeito de promoción e publicidade gratuita só tes que poñerte en contacto co Concello no 981 695 567.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL