Versión en castellano
Inicio Avisos Axudas aos traballadores autónomos para compra de ordenadores
Axudas aos traballadores autónomos para compra de ordenadores
Mércores, 08 Xullo 2009 00:00

A Consellería de Innovación e Industria publicou no DOGA do 6 de xullo do 2009 a Convocatoria de axudas a traballadores autónomos para compra de ordenadores.

BENEFICIARIOS: Traballadores dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia.

REQUISITOS DO BENEFICIARIO: Acudir a unha entidade colaboradora co seu DNI e o último recibo da SS (TC1).

CUANTÍA DA AXUDA: 45 % da base impoñible do custo do ordenador ata un máximo de 350 €.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 10 de novembro de 2009.

ENTIDADES COLABORADORAS: consulta na páxina web http://www.xunta.es/cei/pautonomos ou na Consellería de Innovación e Industria.

Para calquera dúbida poden chamar ó Concello ó teléfono 981 69 55 67.

Frades, 8 de xullo de 2009

Asinado: Jesús Miguel Prado Patiño