Versión en castellano
Inicio Avisos Axudas Autonomía e Accesibilidade
Axudas Autonomía e Accesibilidade
Venres, 31 Xullo 2009 11:22
Informase ó colectivo da Terceira Idade (maiores de 65 anos), as Persoas con Discapacidade (igual ou superior ó 33 %) e as Persoas en situación de Dependencia (Grao III e II) do Concello, de que se inicia o prazo para a solicitude das Axudas Individuais Non Periódicas  para as seguintes adquisicións:- Adaptación funcional do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas (subvención máxima de 3.000 €uros).- Adquisición de prótesis dentais (dentaduras), (subvención máxima de 500 €uros)
  • Adquisición de axudas técnicas (subvención máxima 2.500 €uros)
  • Adquisición de prótesis auditivas (audífonos) (subvención máxima 800 €uros) O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 21 de agosto. -Para máis información chamar ó teléfono 981 69 55 67.

Asinado: Jesús Miguel Prado Patiño, Alcalde de Frades

Frades, 23 de xullo de 2009