Versión en castellano
Inicio Avisos Axudas para a realización de traballos silvícolas
Axudas para a realización de traballos silvícolas
Xoves, 14 Xaneiro 2010 10:56

 

Ponse en coñecemento de todos/as veciños/as que a Consellería de Medio Rural publicou no DOG do 5 de xaneiro as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

 

 

Actuacións subvencionables:

- Rareos en masas de coníferas.

- Rozas previas a podas e podas en masas de coníferas.

-Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras.

- Rexeneración ou mellora de soutos de castiñeiros.

-Tratamentos silvícolas en masas de eucalipto co obxectivo de obter madeira de calidade para serra ou chapa, en quenda de 15-30 anos.

 

Beneficiarios:

Propietarios particulares, agrupacións de propietarios, cooperativas agrarias, proindivisos, comunidades de bens, outras persoas con personalidade xurídica e as comunidades de montes veciñais en man común.

 

Importe da subvención: como máximo o 60% do valor máximo de investimento.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de febreiro

 

Para máis información chamar ó Concello (981695567) ou ben ó Distrito Forestal III de Ordes (981688470).

 

Para ver o texto completo do DOG pincha aqui