Versión en castellano
Inicio Avisos Axudas do IGAPE para a compra de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño
Axudas do IGAPE para a compra de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño
Xoves, 14 Xullo 2016 10:03
O Concello de Frades informa da convocatoria da Xunta de Galicia, a través do IGAPE, de axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e de baño. A axuda do IGAPE é do 20% do importe da compra (que deberá ser de entre 1.000 e 5.000 euros) e o máximo da axuda por beneficiario será de 1.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 28 de xullo e estará aberto ata o 15 de outubro. Máis información.