Versión en castellano
Inicio Avisos Listaxe provisional alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Ordes-Frades 2016
Listaxe provisional alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Ordes-Frades 2016
Martes, 23 Agosto 2016 16:45
O Concello de Frades publica a listaxe provisional do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego "Ordes-Frades" 2016, tanto os seleccionados como os suplentes. Contra este acordo provisional poderase presentar reclamación perante o Grupo de Traballo Mixto no prazo de dous días hábiles a partir desta data na que se publica este listado. As reclamacións deberanse presentar por escrito e preferentemente nos Rexistros dos Concellos de Ordes ou de Frades (en caso de presentalo en calquera outro rexistro dos admitidos na Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, deberase remitir copia por fax ao número 881 960 460).