Versión en castellano
Inicio Avisos Medio Rural permite de novo a tramitación de permisos para facer queimas agrícolas e forestais
Medio Rural permite de novo a tramitación de permisos para facer queimas agrícolas e forestais
Xoves, 13 Outubro 2016 18:33

O Concello de Frades informa de que a Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde este venres 14 de outubro tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa. Así pois, o domingo 16 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.


Polo tanto, a partir deste venres poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Deste xeito, os veciños e veciñas que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.