Versión en castellano
Inicio Avisos Estratexia de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación do Concello de Frades
Estratexia de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación do Concello de Frades
Luns, 21 Novembro 2016 16:38

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante a ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca unhas axudas para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.


Compre destacar que a presente estratexia foi realizada grazas ao cofinanciamento nun 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).


A estratexia de sustentabilidade ambiental serve para engadir a adaptación ao cambio climático como unha variable das políticas de xestión e planificación municipal.

 

O documento realizado utiliza como base a “Guía para la elaboración de Planes Locales de Adaptación al Cambio Climático” realizada pola Fegamp, e os obxectivos perseguidos son os seguintes:

 

  • Recompilar o coñecemento sobre os efectos do cambio climático e as súas consecuencias sobre o medio natural, os asentamentos de poboación e a sociedade.
  • Elaborar e centralizar a información e documentación referente aos efectos do cambio climático a nivel do concello, e aumentar a información e concienciación da cidadanía.
  • Fortalecer a capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático dos diferentes sectores do concello e potenciar o consumo enerxético racional, a redución de emisións de GEI e a loita contra o cambio climático nos plans e políticas municipais.
  • Establecer prioridades e concertar esforzos en medidas de adaptación contra os futuros efectos do cambio climático.
  • Establecer unha serie de indicadores, que deberán servir para avaliar o funcionamento da estratexia de adaptación sobre os diferentes sectores do concello.

 

O resultado final da estratexia é un documento aberto e adaptable que aporta información sobre aspectos importantes respecto a loita e a adaptación do concello fronte ao cambio climático, principalmente:

 

  • Definición do escenario climático futuro do concello.
  • Estudo dos elementos clave do concello e valoración da súa vulnerabilidade fronte os posibles efectos do cambio climático.
  • Establecemento das medidas de adaptación, orientadas a reducir a vulnerabilidades dos elementos clave.
  • Establecemento dos indicadores para o seguimento e control dos plans, políticas e programas implantados.

 

O documento elaborado serve como referencia para que a administración local e os distintos grupos de interese, desenvolvan as súas actividades dende o punto de vista da adaptación e da sustentabilidade, considerando o futuro escenario climático.

.

logoscambioclimatico

OT.5 “Frear o cambio climático”

 

Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020