Versión en castellano
Inicio Avisos Curso de Poda e Enxertos
Curso de Poda e Enxertos
Venres, 20 Xaneiro 2017 12:48
O Concello de Frades informa de que hai catro prazas vacantes no curso de poda e enxertos, que dará comezo o sábado 4 de febreiro, e no que o alumnado aprenderá as técnicas de poda en especies frutais e ornamentais, así como os distintos métodos para a súa propagación. Un curso de 28 horas de duración que terá lugar durante 7 sábados de febreiro e marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no multiúsos de Frades (parte teórica) e na leira municipal (prácticas). Anótate no 981 695 567. Máis información.