Versión en castellano
Inicio Avisos Cursos de formación en socorrismo para desempregados
Cursos de formación en socorrismo para desempregados
Martes, 07 Febreiro 2017 00:00
O Concello de Frades participa no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral dirixido a desempregados con 18 anos cumpridos e coa tarxeta actualizada. Neste caso impartiranse dous cursos: Socorrismo en espazos acuáticos naturais (420 horas) e Socorrismo en instalacións acuáticas (370 horas). O límite para anotarse son as 14:00 horas do luns 13 de febreiro. Máis información no Concello ou no teléfono 981 695 567. Consulta o bando completo.