Versión en castellano
Inicio Avisos O Concello de Frades colaborará cos veciños na tramitación das reclamacións dos danos producidos polos cortes de electricidade
O Concello de Frades colaborará cos veciños na tramitación das reclamacións dos danos producidos polos cortes de electricidade
Xoves, 09 Febreiro 2017 17:38
O Concello de Frades pon persoal municipal a disposición de todos os veciños e veciñas afectados polos cortes de subministro eléctrico acontedidos entre o 2 e o 5 de febreiro para que poidan tramitar as correspondentes reclamacións de danos diante de Gas Natural Fenosa. O Concello informa de que hai tres vías para reclamar estes danos: chamando ao teléfono gratuíto 900 111 999, enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou acudir ao Concello de Frades para que persoal municipal tramite e envíe esa reclamación de xeito individual. Máis información e documentación necesaria neste bando.