Versión en castellano
Inicio Avisos Pleno ordinario do mes de marzo de 2017
Pleno ordinario do mes de marzo de 2017
Mércores, 08 Marzo 2017 00:00

O Concello de Frades celebrará este venres 10 de marzo, ás 14:00 horas, a súa sesión plenaria ordinaria coa seguinte Orde do Día:

 

1- Aprobación da acta da sesión anterior.

2- Dación de conta dos decretos da Alcaldía.

3- Proposta da Alcaldía de solicitude á Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) da integración do Concello de Frades na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela e da Coruña.

4- Proposta da Alcaldía de solicitude á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do arranxo da estrada N-634 ao seu paso por Frades.

5- Aprobación, se procede, da adhesión ao convenio entre a Fegamp e as empresas subministradoras de enerxía para a protección das persoas e familias en situación de vulnerabilidade ou urxencia social na comunidade autónoma de Galicia a través da coordinación cos servizos sociais municipais.

6- Mocións.

7- Informes da Alcaldía.

8- Rogos e preguntas.