Versión en castellano
Inicio Avisos Prazas vacantes nos cursos Horta Ecolóxica e Condutor/a de Carretilla
Prazas vacantes nos cursos Horta Ecolóxica e Condutor/a de Carretilla
Venres, 24 Marzo 2017 00:00

O Concello de Frades informa da existencia de prazas vacantes nos cursos Horta Ecolóxica e Condutor/a de Carretilla, que se desenvolverán ao longo do vindeiro mes de abril. O curso de Horta Ecolóxica terá lugar nun horario a convir co alumnado os sábados no multiúsos e nunha leira municipal. Serán 30 horas e un prezo de 40 euros. Máis información.


No caso do curso de Condutor/a de Carretilla, terá lugar os venres 21 e 28, de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados 22 e 29 de abril, de 9:00 a 14:00 horas. O curso faculta ao alumnado a operar con carretillas de manutención de ata 10.000 kilos, impartido segundo a Normativa UNE 58451:2016. As clases terán lugar no multiúsos e na Cooperativa Central de Frades. O prezo é de 140 euros.

 

Máis información e inscricións no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.