Versión en castellano
Inicio Avisos Selección de 5 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Selección de 5 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 10 Abril 2017 09:00

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de un tractorista e catro peóns de obra pública ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2017 (BOP nº 243 de 26 de decembro de 2016) da Deputación da Coruña.


A contratación dos 5 postos realizarase por un período de 4 meses, cunha xornada laboral de 5 horas diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego antes do 19 de abril, data na que o Concello presentará a oferta solicitando candidatos para a súa selección.