Versión en castellano
Inicio Avisos Comezan a traballar 3 dos traballadores/as desempregados/as contratados a través do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Comezan a traballar 3 dos traballadores/as desempregados/as contratados a través do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 22 Maio 2017 13:12

Tres peóns de obra pública incorporáronse hoxe ao traballo no Concello de Frades por un período de 4 meses, cunha xornada laboral de 5 horas diarias. Trátase dunha iniciativa ao abeiro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña e que permitirá a execución de obras e servizos mínimos municipais durante os próximos corenta meses.


Os outros dous traballadores contratados ao abeiro deste programa (outro peón de obra pública e un tratorista) incorporaranse máis adiante.  Esta convocatoria foi realizada polo Concello de Frades o pasado mes de abril, ao abeiro do Programa de Integración Laboral aos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2017 (BOP nº 243 de 26 de decembro de 2016) da Deputación da Coruña.