Versión en castellano
Inicio Avisos Apertura do prazo de preinscrición na Casa Niño "Xoaniña" de Abellá
Apertura do prazo de preinscrición na Casa Niño "Xoaniña" de Abellá
Mércores, 24 Maio 2017 10:25
casaninowebOs Servizos Sociais do Concello de Frades informan da apertura, hoxe mércores 24 de maio, do prazo de preinscrición na Casa Niño "Xoaniña", en Abellá. As casas niño son un espazo equipado e acondicionado para a acollida de nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos, promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social. O prazo de preinscrición remata o vindeiro 24 de xuño. Para máis información, chamar ao teléfono: 627 147 100.