Versión en castellano
Inicio Avisos Sesión plenaria extraordinaria 30-6-2017
Sesión plenaria extraordinaria 30-6-2017
Xoves, 29 Xuño 2017 13:33

O Concello de Frades celebrará mañá venres 30 de xuño, ás 14:00 horas, unha sesión plenaria ordinaria na que se debaterá a aprobación do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Maruzo, na localidade de Augas Santas, e a súa inclusión no Plan de Infraestruturas Rurais 2017 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación do proxecto de obras denominado “Ponte sobre o río Maruzo no lugar de Augas Santas” a incluír no Plan de Infraestruturas Rurais 2017 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
  3. Aprobación da inclusión das obras denominadas “Ponte sobre o río Maruzo no lugar de Augas Santas” no Plan de Infraestruturas Rurais 2017 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
  4. Aclaración da Ordenanza Reguladora do Imposto de Bens Inmobles.
  5. Aprobación Padrón do Lixo 2017.