Versión en castellano
Inicio Información por correo electrónico
Información por correo electrónico

O Concello de Frades pon a disposición dos seus veciños e veciñas un novo servizo de información municipal a través de correo electrónico. Deste xeito, os veciños e veciñas que o desexen estarán puntualmente informados no seu e-mail de todo o que acontece no municipio. Para iso, só deberá encher este formulario, indicando o seu nome e apelidos, a dirección de e-mail na que desexa recibir a información e indicando no apartado "Asunto da mensaxe": "Información por correo electrónico".

De acordo cos artigos 5, 6 e 10 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a persoa asinante CONSINTE EXPRESAMENTE que os seus datos de carácter persoal, facilitados ao Concello de Frades para o envío de información municipal por e-mail, sexan utilizados con esta única finalidade.

O asinante ten a posibilidade, e así é informado, de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento mediante escrito, acompañado de copia de documento oficial que o identifique, dirixido ao Concello de Frades, no enderezo Cimadevila s/n, 15686 (Frades), de acordo ao disposto no Título II da Lei Orgánica 15/1999.