Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada
Luns, 17 Setembro 2018 00:00

IMG-20180916-WA0001Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe á Illa de Cortegada (Pontevedra) organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa na que cada participante escolleu como chegar á illa: os/as máis atrevidos/as optaron por ir e volver en kaiak, mentres que o resto o fixo en barco, realizando ambos grupos unha visita guiada por toda a illa de Cortegada.

 
O alcalde de Frades celebra a aprobación do arranxo das beirarrúas entre o colexio e Ponte Carreira e pide celeridade na súa execución
Venres, 14 Setembro 2018 00:00

O alcalde de Frades, Roberto Rey, celebra que o Pleno da Deputación da Coruña aprobara hoxe por unanimidade un investimento de 198.734,29 euros para financiar as obras de renovación de beirarrúas entre o núcleo de Ponte Carreira e o colexio. Rey Martínez agradece que a Deputación dea por fin cumprimento a unha demanda que o Concello de Frades levaba reclamando dende hai anos porque “se trata dunha zona de moito tránsito peonil xa que une o núcleo de Ponte Carreira co colexio, co pavillón municipal e coa igrexa parroquial”.

 
O Concello de Frades inviste 30.000 euros na habilitación dun patio interior e en renovar o teito do comedor do CPI Ponte Carreira
Xoves, 13 Setembro 2018 00:00

PatioFradesAHORAO Concello de Frades vén de investir 30.000 euros de fondos propios na realización de diversas obras de mellora nas instalacións do CPI de Ponte Carreira. Unhas obras realizadas durante o verán e que contaron coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL