Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Entregados en Frades os diplomas dos cursos do Programa Neneiras, dirixido a aumentar a integración social e laboral da muller do rural
Mércores, 19 Setembro 2018 00:00

NeneirasFradesA secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e a coordinadora da ONG Mestura, Liliana Rodrigues, entregaron onte martes os diplomas de dous cursos do Programa Neneiras, levados a cabo pola ONG Mestura en Frades. Uns cursos gratuítos, de “Manexo de tabletas e móbiles” e “Filigrana e complementos decorativos do fogar”, nos que participaron unha trintena de veciñas e veciños de Frades.

 
Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada
Luns, 17 Setembro 2018 00:00

IMG-20180916-WA0001Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe á Illa de Cortegada (Pontevedra) organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa na que cada participante escolleu como chegar á illa: os/as máis atrevidos/as optaron por ir e volver en kaiak, mentres que o resto o fixo en barco, realizando ambos grupos unha visita guiada por toda a illa de Cortegada.

 
O alcalde de Frades celebra a aprobación do arranxo das beirarrúas entre o colexio e Ponte Carreira e pide celeridade na súa execución
Venres, 14 Setembro 2018 00:00

O alcalde de Frades, Roberto Rey, celebra que o Pleno da Deputación da Coruña aprobara hoxe por unanimidade un investimento de 198.734,29 euros para financiar as obras de renovación de beirarrúas entre o núcleo de Ponte Carreira e o colexio. Rey Martínez agradece que a Deputación dea por fin cumprimento a unha demanda que o Concello de Frades levaba reclamando dende hai anos porque “se trata dunha zona de moito tránsito peonil xa que une o núcleo de Ponte Carreira co colexio, co pavillón municipal e coa igrexa parroquial”.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL