Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Os infantís das Escolas Deportivas de Frades proclámanse campións da Fase Zonal do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base
Martes, 24 Abril 2018 00:00

InfantisFradesCampions2webO equipo infantil das Escolas Municipais de Fútbol Sala do Concello de Frades proclamouse campión da Fase Zonal de Santiago do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base, disputado esta pasada fin de semana no pavillón do Monte dos Postes (Santiago). Unha vitoria que fai que os fradenses sexan os representantes das comarcas de Ordes e Santiago na Fase Provincial, que se xogará o próximo 19 de maio en Ferrol.

 
Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Asturias
Luns, 16 Abril 2018 18:23

MiradorSanRoqueweb2Un total de corenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión ás vilas de Avilés, Xixón e Oviedo, así como á zona mineira e á montaña asturiana, que tivo lugar entre o venres 13 e o domingo 15 de abril. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e Maiores, Jesús Francos Sánchez.

 
Quince veciñas de Frades participan nun curso de filigrana e complementos decorativos do fogar con material reciclado
Venres, 13 Abril 2018 00:00

FiligranawebQuince veciñas de Frades veñen de iniciar as clases no curso “Filigrana e complementos decorativos do fogar con material reciclado”, unha iniciativa gratuíta organizada polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de 30 horas de duración e que se impartirá no multiúsos de Frades ata o vindeiro 7 de xuño.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL