Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Convocadas as probas para a obtención dos títulos de Bacharelato e de graduado en ESO
Venres, 10 Febreiro 2017 21:08
O Concello de Frades informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria vén de convocar as probas para a a obtención dos títulos de Bacharelato e graduado en ESO. O exame de Bacharelato terá lugar o 21 de abril no IES San Clemente (Santiago) e o prazo de inscrición estará aberto do 24 de febreiro ao 10 de marzo no propio IES San Clemente ou no Centro EPA Eduardo Pondal (A Coruña). Para obter o título de graduado en Educación Secundaria haberá dúas convocatorias: o 2 de xuño (prazo de inscrición do 13 ao 24 de marzo) e o 7 de setembro (inscricións do 3 ao 10 de xullo). Inscricións no IES San Clemente (alumnado cuxo primeiro apelido estea entre as letras A e L) e no IES Rosalía de Castro (letras M a Z). Máis información neste bando.
 
O Concello de Frades colaborará cos veciños na tramitación das reclamacións dos danos producidos polos cortes de electricidade
Xoves, 09 Febreiro 2017 17:38
O Concello de Frades pon persoal municipal a disposición de todos os veciños e veciñas afectados polos cortes de subministro eléctrico acontedidos entre o 2 e o 5 de febreiro para que poidan tramitar as correspondentes reclamacións de danos diante de Gas Natural Fenosa. O Concello informa de que hai tres vías para reclamar estes danos: chamando ao teléfono gratuíto 900 111 999, enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou acudir ao Concello de Frades para que persoal municipal tramite e envíe esa reclamación de xeito individual. Máis información e documentación necesaria neste bando.
 
Frades abre a inscrición no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá máis de mil euros en premios o domingo 26 de febreiro
Mércores, 08 Febreiro 2017 00:00

entroido2017O Concello de Frades abre o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 26 de febreiro, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Ponte Carreira. Un concurso aberto a todos cantos se anoten no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes das 14:00 horas do venres 24 de febreiro, xa que non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL