Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Comezan a traballar 3 dos traballadores/as desempregados/as contratados a través do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 22 Maio 2017 13:12

Tres peóns de obra pública incorporáronse hoxe ao traballo no Concello de Frades por un período de 4 meses, cunha xornada laboral de 5 horas diarias. Trátase dunha iniciativa ao abeiro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña e que permitirá a execución de obras e servizos mínimos municipais durante os próximos corenta meses.

 
O Concello de Frades abre as inscricións na XX Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o sábado 27 de maio na carballeira de San Nicolao
Venres, 19 Maio 2017 00:00

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición na XX Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o vindeiro sábado 27 de maio na carballeira de San Nicolao e que contará coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e a corporación municipal. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos e que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas.

 
O Concello de Frades convoca axudas a entidades sen ánimo de lucro por 32.000 €, que se poden pedir ata o 11 de xuño
Martes, 16 Maio 2017 14:03

O Concello de Frades convoca axudas económicas a entidades culturais, deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Frades antes do vindeiro 11 de xuño. As bases e os impresos de solicitude poden descargarse aquí: http://bit.ly/2qyYHOo ou no BOP do venres 12 de maio (http://bit.ly/2pSDGJq).

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL