Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Máis de 400 persoas participaron na Cabalgata e Festival de Reis do Concello de Frades
Xoves, 05 Xaneiro 2017 00:00

resi2017webA ilusión foi a gran protagonista esta tarde en Frades, na que os nenos e nenas celebraban ser os primeiros da comarca de Ordes en desfrutar da Cabalgata e do Festival de Reis. O tempo acompañou, polo que a diferencia do ano pasado a cabalgata puido celebrarse sen incidencias polas rúas de Pontecarreira. Podes ver máis imaxes no noso Facebook.

 
O Concello de Frades celebra mañá mércores a súa Cabalgata de Reis, que rematará cunha gran festa no polideportivo de Ponte Carreira
Martes, 03 Xaneiro 2017 16:56

reis2016O Concello de Frades celebrará mañá mércores 4 de xaneiro a súa Cabalgata de Reis, que terá lugar na localidade de Ponte Carreira entre as 16:00 e as 20:00 horas. A Cabalgata de Reis desfilará a partir das 16:00 horas polo núcleo urbano de Ponte Carreira repartindo caramelos e acompañada pola música do grupo Sarillo (Aiazo) e disfraces de personaxes infantís.

 
Setenta e tres veciños e veciñas de Frades viviron unha divertida xornada no Silleda Park
Luns, 02 Xaneiro 2017 00:00

SilledaParkFradeswebSetenta e tres veciños e veciñas, na súa maior parte nenos e nenas, participaron esta fin de semana nunha excursión a Silleda Park, programada polo Concello de Frades dentro do seu Programa de Nadal. Estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL