Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Veciños e veciñas visitan Bergantiños e Costa da Morte
Mércores, 28 Novembro 2012 00:00

fornodoforteUnha trintena de veciños e veciñas de Frades visitaron esta fin de semana diversos lugares emblemáticos das comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, nunha excursión na que estiveron acompañados polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa. Unha viaxe que combinou a parte cultural coa visita a espazos naturais privilexiados destas comarcas galegas.

 

 
Sesenta nenos e nenas participan nunha xornada de títeres pola igualdade
Xoves, 22 Novembro 2012 17:32
titeresigualdade2Un total de 62 nenos e nenas de Frades, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, participaron este mércores nunha xornada de títeres pola igualdade organizada polo Concello de Frades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha actuación que tivo lugar no CPI Pontecarreira e á que tamén asistiron algúns pais dos cativos, que estiveron acompañados pola concelleira de Muller e Benestar Social, Ángeles Álvarez Carro; e polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa.

 

 
Curso graduado ESO
Mércores, 31 Outubro 2012 11:48

graduadoesoO alcalde de Frades, Roberto Rey, e a concelleira de Educación e Cultura de Mesía, Pilar Sánchez, entregaron os certificados académicos de posuír o graduado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) a trece veciños e veciñas que participaron nun curso preparatorio promovido polos Concellos de Frades e de Mesía. Unhas probas ás que se presentaron un total de 33 veciños e veciñas, 15 de Frades e 18 de Mesía, e que obtiveron unha porcentaxe de aprobados superior á de localidades como Santiago nos tres ámbitos: tecnoloxía, lingua e sociais.

 
« InicioAnterior71727374757677787980SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL