Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
LEGALIZACIÓN DE VIVENDAS ANTERIORES Ó 1 DE XANEIRO DE 2003 (segundo aviso)
Mércores, 21 Marzo 2012 12:07

Ponse en coñecemento de tódolos veciños e veciñas interesados que o DOGA do día 31 de marzo de 2010, publicou a Lei 2/2000,  de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural.

 
INAUGURADA A RENOVADA TRAVESÍA DE ABELLÁ
Martes, 13 Marzo 2012 14:40

hernandezbeirarruasO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou a nova travesía de Abellá (Frades), executada pola Xunta de Galicia. Previamente mantivo unha reunión co alcalde deste municipio coruñés, Miguel Prado Patiño, co fin de tratar diferentes proxectos para o concello. Nestes actos tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. 

 
O equipo cadete das EDM de Frades, campións da Liga Comarcal de fútbol sala
Martes, 13 Marzo 2012 14:36
equipocadeteOs rapaces das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades proclamáronse campións da Liga Comarcal de fútbol sala, competición que organiza a Xunta de Galicia a través do Programa Xogade. Os rapaces, de entre 15 e 16 anos de idade (categoría cadete), remataron a competición de Liga en primeira posición, cun total de 12 puntos, 46 goles a favor e 12 en contra. Unhas cifras que permitiron que as EDM remataran a competición sendo o conxunto máis goleador e o menos goleado, impoñéndose ao resto de equipos participantes nesta liguiña: Toques, Trazo, Jogafán, O Pino e Melide.
 
« InicioAnterior71727374757677787980SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL