Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
ACTIVIDADES CONCELLO DE FRADES 2011-2012
Venres, 21 Outubro 2011 08:26

Comezan as actividades Outono - Inverno 2011-2012 no Concello de Frades. O prazo de inscrición abrirá o luns 24 de outubro, e poderán anotarse, así como pedir mais información nos teléfonos do concello 981695567 / 981695663. Todas as actividades levaranse a cabo só no caso de xuntarse un grupo mínimo.

Entre todas as actividades podemos atopar cursos e obradoiros gratuítos para adultos ocupados, activades con custo para nenos, xóvenes e adultos, escolas deportivas e moitos mais.

Todos os veciños e veciñas do noso concello poden acudir os centros sociais das parroquias equipados con aparellos de ximnasia, mobiliario, televisión e xogos de mesa, e as actividades que nestes locais se realizan de forma gratuíta son ximnasia a través do xogo e manualidades.

Poden consultar as actividades asi como os precios e grupos mínimos de cada curso no seguinte enlace:

http://www.concellodefrades.es/descarga/actividades.pdf

 
FESTA DE SAN MIGUEL
Luns, 10 Outubro 2011 08:25

Pinche nas fotos para ver tamaño completa.

O xoves 29 celebrouse en Frades a festa do San Miguel, donde os xantares foron os protagonistas de esta romería, porque moitos foron os que non quixeron perderse esta festa de campo.

A pesar de ser un día moi caluroso a festa trascurriu sen ningún incidente, e resultou ser todo un éxito. O alcalde Jesús Miguel Prado Patiño así como varios dos seus concelleiros non deixaron de asistir a este evento.

 
VISITA A LONXA
Luns, 03 Outubro 2011 07:53

Pinche na foto para ver pantalla completa.

O venres día 30 de setembro o concello de Frades en colaboración coa asociación de amas de casa de Frades, organizou unha visita a cidade da Coruña. O programa do día consistiu nunha visita á lonxa da Coruña onde se presenciou unha puxa de peixe e marisco. Tras a puxa un almorzo e continuaron coa visita por o Porto exterior, a Praza de Lugo e a visita guiada pola casa dos peixes. A xornada rematou cunha comida no restaurante da Domus dende onde regresaron a Frades. Todos os asistentes recibiron agasallos.

 
« InicioAnterior81828384858687888990SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL