Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
OS VECIÑOS DE FRADES PREPÁRANSE PARA OBTER O GRADUADO EN ESO
Mércores, 21 Marzo 2012 14:10

cursoeso

Este mes de marzo comezaron as clases do curso de preparación aos exames para a obtención do graduado en Ecuación Secundaria Obrigatoria(ESO). Este curso formativo prepara aos alumnos e alumnas nas diferentes materias obrigatorias para presentarse aos exames de obtención do título de graduado en ESO que convoca tódolos anos a Consellería de Educación, e supoñen máis oportunidades laborais para aqueles que logran a obtención do título. Dado a elevada porcentaxe de aprobados obtidos o ano anterior, o Concello segue a promover dita iniciativa en colaboración co Concello de Mesía.

 
REMATADOS OS CURSOS DE INFORMÁTICA
Mércores, 21 Marzo 2012 14:05

informaticaagrariacurso

Acaba de rematar o Curso de Informática aplicada a explotacións agrarias que se estaba a levar a cabo na Aula de Informática do Concello. Os veciños e veciñas aprenderon a aplicar as novas tecnoloxías para mellorar a xestión das súas explotacións e consecuentemente a súa competitividade no mercado do sector primaria. Anteriormente a este curso realizouse outro sobre informática básica, no que se tivo en conta o nivel de coñecementos individual de cada alumno/a.

 
LEGALIZACIÓN DE VIVENDAS ANTERIORES Ó 1 DE XANEIRO DE 2003 (segundo aviso)
Mércores, 21 Marzo 2012 12:07

Ponse en coñecemento de tódolos veciños e veciñas interesados que o DOGA do día 31 de marzo de 2010, publicou a Lei 2/2000,  de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural.

 
« InicioAnterior81828384858687888990SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL