Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades abre as inscricións na XX Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao
Venres, 18 Maio 2018 00:00

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición na XXI Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o vindeiro sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao e que contará coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, da corporación municipal e dun representante da Xunta de Galicia, aínda por confirmar. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos e que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas.

 
O Concello de Frades celebra as Letras Galegas con dous concertos musicais para o alumnado do CPI Ponte Carreira
Martes, 15 Maio 2018 00:00

O Concello de Frades conmemora as Letras Galegas programando dous concertos musicais para alumnado do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira. A programación organizada polo Concello inclúe unha actuación de ‘Pakolas’ o 21 de maio e outra de ‘O son que me arroupa’ o 1 de xuño.

 
Nuno Costa e Paula Mayobre gañan a V Carreira Pedestre Popular de Frades
Domingo, 13 Maio 2018 00:00

podiocarreirafrades2018webOs atletas Nuno Costa (Tambre Bike & Running) e Paula Mayobre González (Club Atletismo Clínica Dental Seoane Pampín) foron os gañadores da quinta edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, que congregou na tarde de onte sábado a 402 atletas e a varios centos de veciños e veciñas e persoas afeccionadas ao atletismo en Ponte Carreira (Frades). Se o ano pasado as condicións climatolóxicas minguaron tanto a participación como a asistencia, nesta ocasión o tempo respectou e quedou unha xornada perfecta para a práctica do atletismo, o que fixo duplicar as cifras con respecto a 2017. Máis información en fotos no noso Facebook.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL