O Concello de Frades aprobará mañá xoves os Orzamentos de 2024
O Concello de Frades celebrará mañá xoves 4 de abril, a partir das 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria na que se aprobarán os Orzamentos Municipais para 2024. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 23-01-2024 e da acta da sesión extraordinaria de data 07-02-2024.
- Aprobación da Ordenanza Fiscal reguladora de taxa por prestación de servizos de dirección de obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras.
- Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
- Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora dos servizos sociais especializados, podoloxía, perruquería, fisioterapia.
- Aprobación da solicitude de compatibilidade persoal laboral fixo.
- Aprobación definitiva da recuperación en vía administrativa de bens da Entidade Local.
- Aprobación do orzamento 2024.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Dación de conta de asuntos económicos.
- Moción PSG PSOE
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.