Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Frades para 2017, que superan os 2 millóns de euros e medran un 11%
Luns, 30 Xaneiro 2017 00:00

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a aprobación definitiva dos orzamentos municipais do Concello de Frades para 2017, aprobados inicialmente polo Pleno municipal o pasado 19 de decembro. Unhas contas que recollen un superávit inicial de 133.401,54 euros, xa que as previsións de ingresos ascenden a 2.181.445,71 euros e as dos gastos a 2.048.044,17 euros, e que entrarán en vigor logo de que non se rexistrara ningunha alegación durante o prazo de exposición pública.

Ler máis...
 
O alcalde de Frades celebra o próximo inicio das obras de construción da senda peonil no núcleo de Vista Alegre (Galegos)
Xoves, 02 Febreiro 2017 00:00

SendaGalegoswebO alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, celebra o próximo inicio das obras de construción da senda peonil na estrada DP-3802 Ordes-Ponte Carreira ao seu paso pola localidade de Vista Alegre, parroquia de Galegos. Un proxecto incluído no Plan de Travesías 2015 e adxudicado en decembro por algo máis de 90.000 euros á empresa Proyectos Zenale SL, que conta cun prazo de execución de seis meses.

Ler máis...
 
O Obradoiro de Emprego de Ordes e Frades amplía as oportunidades laborais de 20 persoas nas especialidades de albanelería e actividades auxiliares en viveiros e xardíns
Luns, 23 Xaneiro 2017 00:00

ObradoiroOrdesFradeswebO delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá en Abellá (Frades) aos participantes no obradoiro de emprego Ordes-Frades, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración con ambos Concellos. No acto Rodeiro estivo acompañado polos alcaldes de Frades, Roberto Rey Martínez, e Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo.

Ler máis...
 
O Concello de Frades agradece a colaboración da veciñanza, que duplicou as doazóns de alimentos para familias necesitadas
Mércores, 11 Xaneiro 2017 13:59

RecollidaAlimentos2017webO concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, valora moi positivamente o resultado da terceira campaña de recollida de alimentos realizada en Frades entre o 9 de decembro e o 9 de xaneiro, que permitiu reunir máis de oitocentos quilos de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. Ferreiro Marzoa agradeceu “a colaboración de Cáritas, CPI Ponte Carreira, Cooperativa Central de Frades, farmacia de Abellá e os supermercados Loli, Claudio e Tandy pois coa súa axuda e, sobre todo, grazas á gran participación e solidariedade dos veciños e veciñas de Frades, conseguimos que case se duplicaran as achegas de alimentos con respecto a anos anteriores”.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL