Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e de Mesía
Xoves, 22 Agosto 2019 16:37

Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e Mesía.

Ler máis...
 
Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Xoves, 11 Xullo 2019 00:00

CursoMobilesFradesUnha quincena de veciñas de Frades participan estes días nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que teñen lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.

Ler máis...
 
O Concello de Frades pídelle á Deputación da Coruña que axilice a roza das estradas provinciais que atravesan o municipio
Venres, 12 Xullo 2019 00:00

EstradasProvinciaisFradesO alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, púxose en contacto co persoal técnico da Deputación Provincial da Coruña para pedirlles que axilicen a roza nas estradas provinciais DP-3802 Ordes-Ponte Carreira e DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila. Rey Martínez explica que “a maleza impide ver correctamente algúns dos sinais de tráfico e a case inexistente beiravía fai moi perigoso o tránsito de persoas por estas estradas provinciais”.

Ler máis...
 
O Concello de Frades leva rozados máis de 300 quilómetros de estradas asfaltadas do municipio nos 2 últimos meses
Martes, 16 Xullo 2019 00:00

RozaFradesMonteO Concello de Frades vén de rematar a primeira fase dos traballos de roza dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal. Os traballos, que comezaron a realizarse o pasado 1 de maio con dous tractores, permitiron rozar máis de 300 quilómetros de estradas. “Levamos rozado máis de 300 quilómetros de pistas, todas as asfaltadas de todas as parroquias. E estamos dándolles un segundo pase ás estradas principais”, explica Manuel Ferreiro Marzoa, concelleiro de Medio Rural e Limpeza Viaria.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL