Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
O Concello de Frades celebra unha gran Festa de Nadal, cun concerto de María do Ceo, na que participaron máis de 70 persoas
Xoves, 27 Decembro 2018 00:00

FestaNadalFradesMáis de setenta persoas, entre adultos e crianzas, participaron na gran Festa de Nadal celebrada no multiúsos de Frades. Unha festa que contou coa actuación especial de María do Ceo, que presentou o seu disco “Cancións para nenas e nenos”, temas totalmente didácticos que falan sobre valores como a liberdade, a solidariedade, a igualdade ou a diversidade.

Ler máis...
 
O Concello de Frades e a Deputación da Coruña investirán 72.000 euros na mellora dos polideportivos de Ponte Carreira e Abellá
Venres, 28 Decembro 2018 00:00

frades1O Concello de Frades e a Deputación da Coruña investirán 72.532,69 euros en actuacións de mellora nos dous polideportivos municipais, emprazados nas localidades de Ponte Carreira (Gafoi) e Abellá. Así se recolle no convenio subscrito esta maña polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde fradense, Roberto Rey Martínez. A achega provincial será de 58.026,15 euros (o 80% do investimento total), mentres que os 14.506,54 euros restantes serán financiados polo Concello de Frades con fondos propios.

Ler máis...
 
Récord de participación na tradicional viaxe a Xuvenlugo: 110 veciños e veciñas de Frades
Mércores, 02 Xaneiro 2019 17:52

XuvenlugoFradesUn total de 110 veciños e veciñas de Frades participaron na tradicional excursión que organiza todos os anos o Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. Unha cifra que supón un récord de participación e 40 persoas participantes máis co ano pasado.

Ler máis...
 
O Concello de Frades e Cáritas inician mañá martes a quinta campaña de Nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
Luns, 10 Decembro 2018 00:00

O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, porá en marcha mañá martes unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por quinto ano consecutivo e estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro, busca recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL