Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Uns 65 veciños e veciñas participaron nos Obradoiros de Pascua do Concello de Frades
Luns, 17 Abril 2017 00:00

ObradoirosPascuawebUn total de 65 veciños e veciñas de Frades, na súa maioría nenos e nenas, participaron nos Obradoiros de Pascua organizados polo Concello de Frades a través de Vagalume Ocio e Tempo Libre. Unha xornada de asistencia totalmente gratuíta no multiúsos de Frades na que os pequenos desfrutaron coa actuación do Pallaso Popin, que lles ofreceu un espectáculo humorístico cheo de ocorrencias, descaro e interacción co público. Máis tarde, os pequenos participaron nuns Obradoiros de Pascua e unha merenda con chocolate. Os obradoiros estiveron presididos polo concelleiro de Cultura, Miguel Prado Cea. Máis fotos no noso Facebook.

 
O Concello de Frades abre o prazo de inscrición na IV Carreira Pedestre Popular, que repartirá 1.225 euros e terá lugar o 13 de maio
Xoves, 13 Abril 2017 00:00

ivcarreirapedestrewebO Concello de Frades convoca a cuarta edición da súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar durante a tarde do sábado 13 de maio e repartirá 1.225 euros en premios. A proba, organizada polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo, terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira e unha extensión de 8,6 quilómetros na súa categoría absoluta.

Ler máis...
 
Veciños e veciñas de Frades participan nunha viaxe cultural á Casa das Ciencias e ao Museo de Belas Artes da Coruña
Mércores, 12 Abril 2017 00:00

ExcursionCasaCienciaswebUn total de 44 veciños e veciñas de Frades, na súa maior parte nenos e nenas, participaron durante a xornada de onte martes nunha viaxe cultural á Coruña programada polo Concello de Frades dentro do seu programa especial de conciliación de Semana Santa. Unha viaxe na que as persoas participantes estiveron acompañadas polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra. Máis imaxes no noso Facebook.

Ler máis...
 
Remata en Frades a segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, que formou a 21 veciños e veciñas ao longo dos dous últimos meses
Martes, 11 Abril 2017 15:09

FinCursoPodawebUn total de 21 veciños e veciñas de Frades participaron na segunda edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades e que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses en xornada de sábado. En total foron 28 horas de formación, 20 prácticas e 8 teóricas, nas que o alumnado aprendeu técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de plantas: sementes, enxertos, estacaxe, porbaixa etc.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL