Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Centos de persoas participaron na clausura das escolas culturais e deportivas de Frades
Martes, 11 Xuño 2019 00:00

EscolasFradesTodos

O Concello de Frades celebrou esta fin de semana o acto de clausura das súas escolas deportivas e culturais municipais 2018-2019 cunha festa por todo o alto á que acudiron numerosos veciños e veciñas, que se sumaron ás 150 persoas participantes nas escolas deportivas. O programa comezou cunha exposición dos traballos realizados polo alumnado dos obradoiros de debuxo e pintura, seguida dun divertido partido de fútbol sala entre pais e nais contra os benxamíns-alevíns.

Ler máis...
 
O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan dous cursos gratuítos para veciñas do municipio ao abeiro do Programa Neneiras
Mércores, 05 Xuño 2019 10:38

coidadocoidadoraO Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por segundo ano consecutivo, na organización conxunta de dous cursos gratuítos ao abeiro do programa “Neneiras”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural. Os dous cursos, de coidado da coidadora e de manexo de móbiles, terán lugar no edificio multiúsos de Frades neste mes de xuño de 2019, nun horario aínda por confirmar. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

Ler máis...
 
A XXII Festa dos Maiores do Concello de Frades reuniu hoxe a máis de 550 veciños e veciñas na carballeira de San Nicolao
Sábado, 25 Maio 2019 00:00

Festamaiores2019Máis de 550 veciños e veciñas participaron na XXII Festa dos Maiores de Frades, celebrada como todos os anos o derradeiro sábado de maio na carballeira de San Nicolau (Frades). Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e polo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa. Ambos estiveron acompañados polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño, polo fillo predilecto do Concello de Frades, José María Botana; e por concelleiros e concelleiras dos distintos grupos municipais.

Ler máis...
 
O Concello de Frades homenaxeou aos oito veciños e veciñas de máis de 90 anos que asistiron á XXII Festa dos Maiores
Martes, 28 Maio 2019 13:54

FestaMaioresO Concello de Frades homenaxeou aos veciños e veciñas de máis de 90 anos que participaron este sábado na XXII Festa dos Maiores. Un acto no que recibiron unha placa conmemorativa de mans do alcalde, Roberto Rey, e dos concelleiros da Terceira Idade, Jesús Francos; Servizos Sociais, Ángeles Carro; Ensino, Manuel Ferreiro; e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL