Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Un total de 21 veciños e veciñas participaron nun curso de plantas aromáticas e medicinais
Xoves, 13 Outubro 2016 06:00

cursoplantasmedicinaiswebUn total de 21 veciños e veciñas de Frades participaron durante os últimos cinco sábados no Curso de Plantas Aromáticas e Medicinais, un obradoiro de 16 horas lectivas organizado polo Concello de Frades e que se impartiu no multiúsos municipal. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, entregoulle ao alumnado cadanseu diploma de participación e aproveitou para adiantarlles que na oferta formativa para este outono-inverno inclúense, entre outros, a segunda edición de cursos moi demandados este ano como son os de Horta Ecolóxica, Poda e Enxertos e Plantas Aromáticas e Medicinais.

Ler máis...
 
O novo 4G chega a Frades con conexións móbiles máis rápidas e mellor cobertura
Venres, 07 Outubro 2016 00:00

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange veñen de comezar a ofrecer en Frades os seus servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos fradenses desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Ler máis...
 
O Concello de Frades abre o prazo de solicitude de bonificación do 95% do IBI para actividades agrarias ou gandeiras
Mércores, 05 Outubro 2016 00:00

O Concello de Frades abre o prazo de solicitude da bonificación do 95% da cota íntegra do Imposto de Ben Inmobles (IBI) onde se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro.

Ler máis...
 
Medio Rural inicia a reconstrución de 3 pontes caídas en Frades nos temporais do inverno e que estarán rematadas nun mes
Venres, 23 Setembro 2016 15:08

PonteRaselo2webAs empresas Construcciones José Lagares SLU e Construcciones Grobas SL veñen de iniciar hoxe venres as obras de reposición de tres pontes caídas en Frades durante os fortes temporais do pasado mes de xaneiro: ponte de Xeza (Mesos), ponte Raselo (Gafoi) e ponte Reboredo (Galegos). Unhas obras orzamentadas en case 120.000 euros e que serán financiadas integramente pola Consellería do Medio Rural, a través do Plan Especial de Emerxencias 2016.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL