Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
As dúas Casas Niño de Frades abren o prazo de preinscrición para nenos/as de entre 3 meses e 3 anos empadroados/as no municipio
Venres, 26 Abril 2019 00:00

Os Servizos Sociais do Concello de Frades informan da apertura do prazo de preinscrición nas dúas Casas Niño implantadas no municipio e que ofrecen un servizo gratuíto de atención diúrna para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

 

Ler máis...
 
Lolo Penas e Paula Mayobre gañan a VI Carreira Pedestre Popular de Frades, que rexistrou o seu récord de participación
Mércores, 01 Maio 2019 00:00

GanadoresFrades2019Os atletas Lolo Penas Blanco (Club Atletismo O Pino) e Paula Mayobre González (Club Atletismo Clínica Dental Seoane Pampín) foron os gañadores da sexta edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, que tivo lugar esta mañá na contorna de Ponte Carreira e que rexistrou o seu récord de participación: 486 atletas, un 20% máis có ano pasado. O tempo acompañou durante toda a mañá, o que fixo da praza de Ponte Carreira un fervedoiro de xente, con máis dun milleiro de persoas entre corredores, persoas afeccionadas ao atletismo e veciñanza.

Ler máis...
 
A biblioteca municipal e a aula de informática do Concello de Frades estarán abertas ao público 29 horas á semana
Luns, 06 Maio 2019 00:00

BibliotecaFradesO Concello de Frades informa de que a biblioteca municipal e a aula de informática, emprazadas no multiúsos de Cimadevila, abrirán desde este mes de maio un total de 29 horas semanais. Ambas as instalacións estarán dispoñibles para a veciñanza de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas; así como de 17:00 a 20:00 horas, os martes e xoves. Os sábados tamén abrirán as súas portas de 10:00 a 13:00 horas.

Ler máis...
 
A Consellería de Política Social estudará a petición do Concello de Frades de facer un centro sociocomunitario en Ponte Carreira
Mércores, 08 Maio 2019 00:00

politicasocial2019O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, na que se acordou estudar a petición do concello de construír un centro sociocomunitario en Ponte Carreira.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL