Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
A Mancomunidade de Ordes abre o prazo de inscrición para participar no programa Galeuropa de mobilidade xuvenil
Luns, 23 Xullo 2018 11:53

cartelprogramagaleuropaA Mancomunidade de Ordes vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2018. Nesta edición ofértanse un total de 20 prazas para tres países. Máis concretamente, 5 prazas para Holanda, outras tantas para Itali e 10 para Reino Unido.

Ler máis...
 
A piscina de Frades acolle este sábado o “Día do/a Neno/a” con inchables, xogos, tren turístico, merenda e festa da escuma
Xoves, 05 Xullo 2018 00:00

diadoneno2015webA renovada piscina municipal de Frades acollerá este sábado 7 de xullo, a partir das 16:00 horas, a celebración do “Día do/a Neno/a”, organizado polo Concello de Frades. Unha gran festa que este ano cumpre a súa décima edición e na que os rapaces e rapazas volverán dispoñer, de xeito totalmente gratuíto, de inchables (acuáticos e de terra), xogos populares, tren turístico, merenda co obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata”, lambonadas, festa da escuma e moitas sorpresas.

Ler máis...
 
Veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla na que aprenderon medidas de aforro na factura da luz
Martes, 12 Xuño 2018 00:00

CharlaFacturaLuzwebUnha vintena de veciñas e veciños de Frades asistiron á charla informativa “Interpretar a factura da luz”, organizada polo Concello de Frades e a ONG Mestura e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Unha charla gratuíta que tivo lugar no multiúsos de Frades impartida por Alexia Peteiro Mata, da Fundación Gas Natural Fenosa, e introducida polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro.

Ler máis...
 
Un partido entre a SD Ponte Carreira e un equipo de veteranos serviu para reinaugurar o campo municipal de fútbol da Chousa (Frades)
Luns, 18 Xuño 2018 00:00

InauguracionChousawebUn partido entre a SD Ponte Carreira e un equipo de veteranos serviu este domingo para que o campo municipal de fútbol da Chousa (Ponte Carreira) volvera abrir as súas portas tras unha profunda remodelación acometida polo Concello de Frades. Unhas obras que supuxeron un investimento de case 40.000 euros na instalación dun céspede novo, a reparación do sistema de rego automático, a mellora da subministración eléctrica nos vestiarios e o acondicionamento dos accesos á instalación.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL