Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Selección de 6 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 20 Maio 2019 14:47

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun tractorista e 5 peóns de obra pública ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2019 (BOP nº 26 de 6 de febreiro de 2019) da Deputación da Coruña.

Ler máis...
 
Os infantís das Escolas Deportivas de Frades proclámanse campións da Fase Zonal do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base
Martes, 09 Abril 2019 00:00

CampionsFradesO equipo infantil das Escolas Municipais de Fútbol Sala do Concello de Frades proclamáronse, por segundo ano consecutivo, campións da Fase Zonal de Santiago do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base, disputado esta pasada fin de semana no pavillón do Monte dos Postes (Santiago). Unha vitoria que fai que a rapazada fradense sexa un ano máis quen represente ás comarcas de Ordes e Santiago na Fase Provincial, que se xogará o vindeiro mes de maio nunha sede aínda por confirmar.

Ler máis...
 
O alcalde de Frades mantén unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Rural para o arranxo de pistas no municipio
Mércores, 24 Abril 2019 00:00

MedioRuralFrades2O alcalde de Frades, Roberto Rey, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co conselleiro do Medio Rural, José González, na que avanzaron en temas relacionados co sector lácteo, agrícola e forestal do municipio. Así, o rexedor trasladoulle ao conselleiro a relación de pistas de acceso a explotacións agrogandeiras e forestais no municipio para as que solicita unhas actuacións de mellora.

Ler máis...
 
O Concello de Frades conmemorará mañá martes o Día do Libro coa posta en marcha da biblioteca municipal, emprazada no multiúsos
Luns, 22 Abril 2019 00:00

BibliotecadeFrades2O Concello de Frades conmemorará mañá martes 23 de abril o Día do Libro coa posta en marcha da biblioteca municipal, emprazada no multiúsos de Cimadevila. Un acto que terá lugar a partir das 17:00 horas e que incluirá a actuación musical e o contacontos “Picadiscos Mari Faltri” e o agasallo de libros a todas as persoas asistentes. A participación é libre e totalmente de balde.

Ler máis...
 
« InicioAnterior11121314151617181920SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL