Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
FESTA VIRTUDES
Xoves, 22 Setembro 2011 12:15

 Pinche na foto para ver pantalla completa.

O sábado día 2 de setembro celebrouse na parroquia de Vitre unha festa de campo na honra a nosa Señora das Virtudes. A esta festa asistiron cerca de 2.000 persoas, moitas de elas para xantar de campo. A organización por parte da comisión foi excelente e a festa, a pesar da chuvia, resultou todo un éxito. O alcalde Jesús Miguel Prado Patiño, así como varios dos concelleiros non quixeron perderse este evento.

 
CEA COS GAÑADORES DO MARATON DE FUTBOL
Luns, 19 Setembro 2011 10:10

Pinche en la foto para ver pantalla completa.

O venres 16 de setembro, o concello, celebrou unha cea homenaxe os gañadores dos maratons de futbol, y futbol 7. O equipo do Papucín, gañadores do maraton de futbol, e o equipo de Xuventude, gañadores dol maraton futbol 7, non deixaron de acudir a esta cita na que o alcalde Jesús Miguel Prado Patiño agasallou a estos equipos con unha cea na honra a sua victoria, nun restaurante da zona.  

 
EXPOSICIÓN "ELAS FAN CAMIÑO"
Venres, 16 Setembro 2011 12:07

pinche na foto para ver pantalla completa.

Dende o día 22 de setembro ata o 6 de outubro, poderase disfrutar no Edificio multiusos de Frades, José María Botana López, da exposición "ELAS FAN CAMIÑO".

Ali encontraremos paneis e proxeccións sobre a contribución de mulleres anónimas ao camiño de Santiago e a peregrinación.

A entrada será libre, poderán concertar visitas en grupo e consultar horarios através do teléfono do concello.

 
INTERNET VIA SATELITE
Venres, 09 Setembro 2011 12:19

Comunícase a todos os veciños de Frades que actualmente non teñan cobertura de Internet, ou queiran mellor a actual, a posibilidade de realizar a conexión a través de Vía Satélite.

Para solicitar información sobre a velocidade e contratos poderán poñerse en contacto no número do concello, para resolver calquer duda que poida surxir, así como precios e tarifas.

Esta previsto organizar unha charla informativa se os veciños así o requiren.

 
« InicioAnterior121122123124125126127128129130SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL