Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
A Xunta confirma unha partida de 40.000 euros para o centro de día de Frades
Martes, 22 Xaneiro 2013 18:39

beatrizmatocentrodiaA Consellería de Traballo e Benestar ten consignados case 40.000 euros nas transferencias ao Consorcio de Servizos Sociais para a redacción do proxecto de construción dun centro de día en Frades, que terá 800 metros cadrados de superficie e dará servizo a 40 familias. Así llo confirmou a conselleira Beatriz Mato ao alcalde de Frades, Roberto Rey, e ao concelleiro de Relacións Institucionais e deputado autonómico Miguel Prado, nunha reunión mantida esta mañá na sede da Consellería de Traballo e Benestar en Santiago.

 

Ler máis...
 
Aberto o prazo de inscrición no concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 10 de febreiro
Venres, 18 Xaneiro 2013 18:01

cartelentroido2013O Concello de Frades abre o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 10 de febreiro, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Pontecarreira. Un concurso aberto a todos os veciños e veciñas de Frades e da comarca e que inclúe a salvedade de que para participar é preciso anotarse no Concello antes das 14:00 horas do venres 8 de febreiro, xa que non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso. Deste xeito, o Concello axiliza tanto o desenvolvemento do concurso de disfraces como da gran festa de animación posterior, que incluirá xogos, música e unha gran chocolatada.

 

Ler máis...
 
Dez veciños participaron no curso de manipulador de alimentos
Xoves, 27 Decembro 2012 00:00
manipuladoralimentos2012O multiusos de Frades acolleu o pasado venres 21 de decembro un curso de manipulador de alimentos organizado polo Concello de Frades no que participaron dez veciños O curso, de tres horas de duración, permitu a estes veciños conseguir ou renovar este carné, que facultan aos alumnos para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares... Ao longo do curso, os alumnos adquiriron coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene e a manipulación dos alimentos; así como sobre a conservación dos alimentos.
 
Roberto Rey destaca o compromiso da Deputación con Frades
Mércores, 09 Xaneiro 2013 19:19

reuniondiegocalvo2013O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, destaca "a boa vontade e o compromiso do presidente da Deputación da Coruña coas necesidades de Frades, que permitirán que os nosos veciños reciban un tratamento equilibrado e xusto que se lles negou nas dúas lexislaturas anteriores". Unhas afirmacións que Roberto Rey fixo despois de reunirse na Coruña co presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo. Un encontro que foi organizado polo concelleiro de Relacións Institucionais e deputado autonómico, Miguel Prado.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior121122123124125126127128129130SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL