Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Dezaséis veciñas participan nun curso de tapicería de mobles
Xoves, 10 Maio 2012 00:00

tapiceria

Un total de dezaséis veciñas de Frades participaron nun curso de tapicería de mobles, organizado polo Concello dentro do seu programa de formación para adultos ocupados. Un obradoiro de 20 horas de duración no que as alumnas aprenderán a manexar as ferramentas de tapicería (grampadoras, sacaceavos, buriles...) e traballar cos distintos materiais deste oficio (espumas, cinchas, cordóns, pasamanería, calabrote, tachas...).  

Ler máis...
 
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA
Luns, 02 Abril 2012 16:32

Ponse en coñecemento de tódolos veciños e veciñas interesados que a partir do mércores 4 de abril de 2012 estará o PXOM en período de exposición pública no Concello.

Ler máis...
 
OS VECIÑOS DE FRADES PREPÁRANSE PARA OBTER O GRADUADO EN ESO
Mércores, 21 Marzo 2012 14:10

cursoeso

Este mes de marzo comezaron as clases do curso de preparación aos exames para a obtención do graduado en Ecuación Secundaria Obrigatoria(ESO). Este curso formativo prepara aos alumnos e alumnas nas diferentes materias obrigatorias para presentarse aos exames de obtención do título de graduado en ESO que convoca tódolos anos a Consellería de Educación, e supoñen máis oportunidades laborais para aqueles que logran a obtención do título. Dado a elevada porcentaxe de aprobados obtidos o ano anterior, o Concello segue a promover dita iniciativa en colaboración co Concello de Mesía.

 
INAUGURADA A RENOVADA TRAVESÍA DE ABELLÁ
Martes, 13 Marzo 2012 14:40

hernandezbeirarruasO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou a nova travesía de Abellá (Frades), executada pola Xunta de Galicia. Previamente mantivo unha reunión co alcalde deste municipio coruñés, Miguel Prado Patiño, co fin de tratar diferentes proxectos para o concello. Nestes actos tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. 

Ler máis...
 
« InicioAnterior131132133134135136137138139140SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL