Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA
Luns, 02 Abril 2012 16:32

Ponse en coñecemento de tódolos veciños e veciñas interesados que a partir do mércores 4 de abril de 2012 estará o PXOM en período de exposición pública no Concello.

Ler máis...
 
OS VECIÑOS DE FRADES PREPÁRANSE PARA OBTER O GRADUADO EN ESO
Mércores, 21 Marzo 2012 14:10

cursoeso

Este mes de marzo comezaron as clases do curso de preparación aos exames para a obtención do graduado en Ecuación Secundaria Obrigatoria(ESO). Este curso formativo prepara aos alumnos e alumnas nas diferentes materias obrigatorias para presentarse aos exames de obtención do título de graduado en ESO que convoca tódolos anos a Consellería de Educación, e supoñen máis oportunidades laborais para aqueles que logran a obtención do título. Dado a elevada porcentaxe de aprobados obtidos o ano anterior, o Concello segue a promover dita iniciativa en colaboración co Concello de Mesía.

 
INAUGURADA A RENOVADA TRAVESÍA DE ABELLÁ
Martes, 13 Marzo 2012 14:40

hernandezbeirarruasO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou a nova travesía de Abellá (Frades), executada pola Xunta de Galicia. Previamente mantivo unha reunión co alcalde deste municipio coruñés, Miguel Prado Patiño, co fin de tratar diferentes proxectos para o concello. Nestes actos tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. 

Ler máis...
 
FESTA DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA
Xoves, 01 Marzo 2012 16:36

festaamasdecasa

Unhas cincocentas persoas (entre socias, familiares e amigos) participaron na Festa Anual da Asociación de Mulleres, Consumidores e Usuarios Nuestra Señora de Auga Santas (Frades), celebrada esta fin de semana na discoteca Kull de Pontecarreira (Frades). Unha festa que se celebra dende o ano 1990, polo que este ano acadou a súa vixésimo segunda edición.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior141142143144145146147148149150SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL