Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
A Xunta solventa os problemas de recepción de televisión cun novo microrremisor de TDT
Martes, 19 Outubro 2010 14:59

A Xunta de Galicia vén de instalar un microrremisor de TDT en Frades que solventa os problemas de recepción de TDT nas localidades de Tarrentos e Sanamil, na parroquia de Añá (Frades). Unha medida que beneficia directamente aos seus 103 veciños, que tiñan bloqueado o sinal da TDT do centro emisor de Boimorto por culpa dunha arboreda.

 

Ler máis...
 
XV FESTA DOS NOSOS MAIORES
Venres, 04 Maio 2012 09:35

O Concello informa de que a Festa dos Nosos Maiores celebrarase coma tódolos anos o último sábado do mes de maio, que este ano coincide co 26 de maio.

Ler máis...
 
Frades solta 2.000 alevíns de troita para repoboar os ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo
Mércores, 20 Outubro 2010 19:13

soltadetroitasO Concello de Frades realizou o pasado 6 de outubro a solta de 2.000 alevíns de troita proporcionados polo Centro Ictioxénico de Sobrado, entidade dependente da Consellería do Medio Rural. Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, que contaron co asesoramente de seis expertos troiteiros de Frades sobre os mellores lugares para proceder á solta destes alevíns de troita, que axudarán a repoboar os ríos Maruzo, Gaiteiro e Samo.

 

Ler máis...
 
As obras do saneamento de Pontecarreira comezarán no primeiro semestre de 2011
Mércores, 20 Outubro 2010 19:20

reunionagustinhernandezAs obras de saneamento en Pontecarreira e Gafoi, orzamentadas en 1.366.000 euros, comezarán no primeiro semestre de 2011. Así llo confirmou o pasado 5 de outubro o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Frades, Miguel Prado, durante unha reunión celebrada esta mañá en San Caetano.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior141142143144145146147148149150SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL