Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Roberto Rey substitúe a Miguel Prado como alcalde de Frades
Sábado, 22 Setembro 2012 00:00

tomaposesionRoberto Rey Martínez é o novo alcalde de Frades, logo que conseguir o respaldo maioritario do pleno municipal na sesión de investidura. Roberto Rey conseguiu os 7 votos do grupo municipal do Partido Popular, mentres que os outros dous grupos municipais optaron por votar ao seu cabeza de lista, polo que Xesús Miguel Iglesias Vilariño (PSOE) obtivo un voto e Xosé María Pérez Lagos (BNG) logrou dous. Tras fundirse nun emotivo abrazo co alcalde saínte, Miguel Prado Patiño con quen compartira candidatura os últimos 13 anos, Roberto Rey dirixiuse á corporación para tender a man a todos os grupos municipais. “Son consciente de que este pleno representa a todos os veciños e veciñas de Frades. E como eu quero ser o alcalde de todos e cada un dos veciños de Frades, dende hoxe mesmo fago un sincero ofrecemento a todos os grupos municipais para traballar polo ben de Frades”.

 

 
Ler máis...
 
Máis de 4.000 persoas participan na Romaría das Virtudes de Vitre
Mércores, 05 Setembro 2012 09:43

Máis de 4.000 persoas participaron na romaría das Virtudes, na parroquia de Vitre. Procedían tanto de Frades como dos municipios limítrofes e de diversos puntos de toda a provincia. A romaría acadou así unha nova marca de participación e convalida o seu forte arraigo na zona, onde é recoñecida sobre todo polos xantares tradicionais que familias, grupos de amigos e mesmo empresas enteiras celebran nas explanadas contiguas ao campo da festa.

Ler máis...
 
GAÑADORES CONCURSO DE DISFRACES
Martes, 28 Febreiro 2012 18:37

entroidothriller

Unha recreación do video musical do tema "Thriller" de Michael Jackson obtivo o primeiro premio do Concurso de Disfraces do Concello de Frades, celebrado na discoteca Kull de Pontecarreira con varios centos de espectadores. Na súa mesma categoría, a de grupo de adultos, o segundo posto foi para o grupo "The Twist". Na categoría infantil, o grupo que mereceu o primeiro premio foi "China Imperial", con "Griegos" en segundo lugar.

Ler máis...
 
Alumnos do CPI Pontecarreira participan en obradoiros de autoestima e sexualidade
Xoves, 07 Xuño 2012 00:00

obradoiroautoestimaMedio cento de alumnos e alumnas do CPI Pontecarreira participaron en sendos obradoiros sobre autoestima e sexualidade, organizados en virtude do acordo de colaboración que mantén o Concello de Frades co centro escolar para colaborar nunha mellor formación do alumnado. Así, esta mañá uns vinte alumnos de 4º da ESO, de idades comprendidas entre os 15 e os 16 anos, participaron nun obradoiro de sexualidade no que, a través do xogo “De condón a condón”, se informou aos participantes sobre sexo seguro e prevención de enfermidades de transmisión sexual.

Ler máis...
 
« InicioAnterior161162163164165166167168169170SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL